Todas as candidaturas

Ángel Arnedo

Candidatura na edición do ano 2005

Ángel Arnedo iniciouse no mundo do xornalismo traballando en La Gaceta del Norte e Radio Nacional, en Bilbao, antes de entrar a formar parte do cadro de El Correo Español-El Pueblo Vasco, no ano 1970.

Arnedo foi o impulsor da celebración en Bilbao da Conferencia Internacional "O terrorismo contra os medios informativos", que en setembro de 2001 reuniu a máis de 200 xornalistas de 25 países.