Todas as candidaturas

Ignacio Ramonet

Candidatura na edición do ano 2005

Moi crítico coa concentración dos medios, que fomenta unha soa voz, Ignacio Ramonet sempre está ó lado de xornalistas que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

Dende a dirección do mensual Le Monde Diplomatique e do bimestral Manière de voir, Ramonet é un dos iconos actuais da corrente antiglobalizadora e da loita polos dereitos humanos e da autonomía profesional. Xornalista comprometido, este galego (Redondela, 1943) é moi crítico coa concentración de medios, que fomenta unha soa voz.

Ramonet é membro fundador das organizacións non gubernamentais ATTAC (Asociación para a tasación das transaccións financieiras para a axuda ós cidadáns) e Media Watch Global (Observatorio internacional dos medios) e promotor do Foro Social Mundial de Porto Alegre.