Todas as candidaturas

Ricardo González Alfonso

Candidatura na edición do ano 2005

Ricardo González Alfonso exerceu o xornalismo independente en Cuba desde 1995 ata marzo de 2003, cando xunto a otros 25 xornalistas cubanos foi detido na onda de represión levada a cabo polo réxime castrista coa chamada lei mordaza.

Antigo subdirector da axencia Cuba Press, González Alfonso publicou os seus traballos xornalísticos en Cuba Free Press, Cubanet, Sociedad Interamericana de Prensa (SIP) en Estados Unidos, Revista Hispano Cubana, Encuentro en la Red en España e outras publicacións estranxeiras. En Radio Martí, emisora do sur da Florida (EEUU) divulgou noticias e artigos acerca da realidade cubana. Desde 1998 é correspondente de Reporteiros Sen Fronteiras.