Todas as candidaturas

Javier Bauluz

Candidatura na edición do ano 2006

Galardoado cos premios Fotopress (1989), Pulitzer (1995), Godó (2001), Libertad de Periodismo (2002) e Julio Fuentes (2002), Javier Bauluz é un dos grandes fotoxornalistas actuais. Gran defensor dos dereitos humanos, as súas imaxes combaten contra a impotencia e o abuso, a tristeza, a desesperanza, a crueldade e a indiferencia.

Coa súa cámara, que entende como o "fusil" co que "remexer os corazóns" para que "ninguén poida dicir que non sabía o que estaba pasando", tenta concienciarnos de que paga a pena arriscar para conseguir un mundo máis xusto: unha sociedade na que caibamos todos. Na súa dilatada carreira, Javier Bauluz amosounos os desastres da guerra en Ruanda, en Bosnia, en Chile, en Chiapas, no Zaire, en Nicaragua ou no Salvador.