Todas as candidaturas

Le Monde Diplomatique

Premiado na edición do ano 2006

Editado en 19 idiomas, con 24 edicións e unha tiraxe superior aos 1,5 millóns de exemplares mensuais, Le Monde Diplomatique practica un xornalismo de valores, rigoroso e de calidad, que defende sempre a mesma causa: a da xustiza e a liberdade.

Dende o compromiso, a publicación entrégase a unha reflexión política, cultural e social de forma aberta.

Na actualidade, as súas opinións e reflexións documentadas céntranse en artigos extensos asinados por expertos defendendo opinións e criterios moi definidos. Le Monde Diplomatique ofrece unha visión crítica sobre os efectos do neoliberalismo económico sobre o mundo e os seus habitantes.

Os lectores de Le Monde Diplomatique posúen o 49% da compañía a través da Asociación de Amigos de O Mundo Diplomático. O outro 51% é propiedade do diario Le Monde. A publicación mantén a súa independencia limitando os seus ingresos por publicidade e mediante a "minoría de bloqueo" atribuída ao capital que está en mans dos seus lectores.