Todas as candidaturas

César Augusto Hildebrandt Pérez Treviño

Candidatura na edición do ano 2007

É un dos xornalistas con maior traxectoria, recoñecemento e credibilidade no Perú. O seu labor xornalístico é destacado por ser un asiduo crítico dos gobernos de quenda mostrándose totalmente imparcial á hora de emitir xuízos e opinións. Hildebrandt é un incondicional defensor da democracia e da xustiza.

César Augusto Hildebrandt Pérez Treviño é un recoñecido xornalista político peruano. Naceu en Lima o 7 de agosto de 1948. É considerado un dos xornalistas máis influentes do seu país.

Nos anos do ‘fujimorismo’ foi un dos grandes loitadores contra a dictadura. Na televisión foi varias veces despedido. Nese período optou por constituír o seu propio diario, chamado ‘Liberación’, con outros xornalistas e coa achega económica dos seus lectores.

É un dos xornalistas con maior traxectoria, recoñecemento e credibilidade no Perú. O seu labor xornalístico é destacado por ser un asiduo crítico dos gobernos de quenda mostrándose totalmente imparcial á hora de emitir xuízos e opinións. Hildebrandt é un incondicional defensor da democracia e da xustiza.

Na actualidade exerce o xornalismo como columnista no diario ‘La Primera’ de Lima, onde xa denunciou que os propietarios reciben constantemente presións pola presenza deste incómodo xornalista.