IX Premio José Couso

A gañadora deste ano foi Mónica García Prieto. Reporteira de guerra, foi a primeira que atravesou a fronteira de Siria ao comezar os combates. É proposta en representación de todos os xornalistas que están cubrindo o conflito sirio, co mérito engadido de que o fai sen a cobertura dun grande medio e sendo unha das poucas mulleres do xornalismo de guerra.