Todas as candidaturas

José Yoldi

Candidatura na edición do ano 2013

José Yoldi, en representación de todos aqueles periodistas que, pese a desenvolver brillantemente o seu cometido profesional, no seu caso a denuncia do uso irregular de fondos de Consello Xeral do Poder Xudicial polo seu presidente, están sendo inmerecida e inxustamente desaloxados das redaccións.

José Yoldi (Donostia- San Sebastián, 1954), xornalista, licenciado pola Universidade de Navarra. Especialista en temas xurídicos e terrorismo. Estivo seis anos na axencia Europa Press e outros 29 en El País, onde foi correspondente de Interior e membro do Equipo de Investigación. Como redactor xurídico cubriu case todos os xuízos importantes que houbo en España en democracia, desde o 23-F, a síndrome tóxica ou o crime dos Urquijo, ata o dos atentados do 11-M. En 2012, denunciou que o presidente do Tribunal Supremo e do Consello Xeral do Poder Xudicial, Carlos Dívar, cargaba aos orzamentos do organismo, coma se fosen de traballo, as viaxes de fin de semana de pracer que realizaba a Puerto Banús (Marbella) e outros destinos turísticos. Tralo escándalo, Dívar tivo que renunciar aos seus cargos. Por ese traballo, en xaneiro de 2013, a Asociación da Prensa de Madrid concedeulle o premio Víctor de la Serna ao xornalista máis destacado do ano 2012.

É autor de El último recurso, un compendio de artigos publicados en El País en 2010 e 2011, e coautor dos libros colectivos La presunción de inocencia y los juicios paralelos e El derecho en los medios de comunicación. Está en posesión de varios premios entre os que figura o do Institut de Drets Humans de Catalunya correspondente a 2009.

Foi un dos 129 xornalistas de El País que saíron do diario tralo expediente de regulación de emprego (ERE).