Todas as candidaturas

Mónica García Prieto

Premiado na edición do ano 2013

Reporteira de guerra, foi a primeira que atravesou a fronteira de Siria ao comezar os combates. É proposta en representación de todos os xornalistas que están cubrindo o conflito sirio, co mérito engadido de que o fai sen a cobertura dun grande medio e sendo unha das poucas mulleres do xornalismo de guerra.

Mónica García Prieto naceu en 1974. É licenciada en Xornalismo. Con 19 anos, combinou unhas vacacións co seu primeiro soldo para cubrir a revolta zapatista de Chiapas (México).

Desde 1995 cubriu para o diario El Mundo conflitos como os de Chechenia, Irak, Afganistán, Macedonia, Gaza ou Líbano. En 2002, converteuse na correspondente de El Mundo en Irak, a onde viaxou en 10 ocasións. En 2005 Prieto pediu un período sabático para centrarse en temas de Oriente Medio, converténdose en xornalista independente con sé en Xerusalén.

En 2007 trasladouse a Beirut, onde vive desde entón. Cubriu amplamente os conflíctos en Gaza e Cisjordania, Líbano, así como Exipto, Xordania, Kuwait, Siria, Emiratos Árabes Unidos, Bahrein e outros países.

Cobre de forma moi activa a chamada "primavera árabe" cubrindo extensamente a revolución en Siria, desde dentro e fóra do país. O seu traballo foi distinguido co Premio Ortega e Gasset, premio Premio Dario D'Angelo 2005, Premio José María Porquet de Xornalismo Dixital 2011. Foi finalista nos Premios Kurt Schork de Xornalismo Internacional 2006 pola súa cobertura en Irak.