Todas as candidaturas

Denis Robert

Candidatura na edición do ano 2009

Denis Robert nace o 9 de maio de 1958 en Moyeuvre-Grande, na Lorena francesa. Xornalista, escritor, director e codirector de cinco documentais, o primeiro, co cineasta Philippe Harel para a grande pantalla, Journal intime des affaires en cours (1998), e o resto para a televisión: Le cahier (1999), Les dissimulateurs (2001), Histoire clandestine (2002), L'affaire Clearstream racontée à un ouvrier de chez Daewoo (2003).

Denis Robert nace o 9 de maio de 1958 en Moyeuvre-Grande, na Lorena francesa. Segue os estudos de psicoloxía e obtén un Diploma de Estudos Avanzados en psicolingüística. Despois de lanzar un fanzine na Lorraine, Santiago, en 1982, incorpórase á redacción da publicación mensual Actuel onde ficará un ano.

En 1983 pasa a formar parte do cadro de persoal de Libération onde vai ser xornalista por doce anos, primeiro como correspondente no Leste de Francia e despois como encargado dos asuntos politico-financeiros da sección "Sociedade". Dimite en 1995 para consagrar todo o seu tempo ao seu traballo de escritor. Publicara xa dúas novelas, Chair Mathilde, en edicións Bernard Barrault en 1991, e Je ferai un malheur, con Haxa, en 1994. Pero é un ensaio, Pendant les affaires, les affaires continuent o que o fai ser coñecido polo gran público a principios do ano 1996. Este mesmo ano, Denis Robert reúne sete grandes maxistrados anti-corrupción para lanzar o Chamamento de Xenebra para a creación dun espazo xudicial europeo, co fin de loitar máis eficazmente contra o crime financeiro. Este chamamento é o tema do libro La justice ou le chaos, aparecido o mesmo ano. Seguirán unha ducia de novelas e uns tantos ensaios, entre os que destacan as súas enquisas recentes sobre a multinacional da banca Clearstream.

Paralelamente a estes libros, Denis Robert dirixiu ou codirixiu cinco documentais, o primeiro, co cineasta Philippe Harel para a grande pantalla, Journal intime des affaires en cours (1998), e o resto para a televisión: Le cahier (1999), Les dissimulateurs (2001), Histoire clandestine (2002), L'affaire Clearstream racontée à un ouvrier de chez Daewoo (2003).

É igualmente o autor de tres novelas a éxito: Le bonheur, libro erótico escrito en 2000 e traducido a 14 linguas; Une ville, publicado en 2004 que vai ser convertido nunha serie de televisión e La domination du monde, editado en 2006. Tamén publicou en 2006 unha novela sobre o fútbol Le milieu du terrain. O seu libro enquisa sobre o asunto Clearstream (Clearstream, l\'enquête) será, un feito moi raro, prohibido á venda e retirado das librarías durante preto dun mes.

Este último libro é Révélation$, nos que acusa Cedel International e Clearstream, por ser unhas das maiores plataformas de ocultamento de transacións financeiras a nível mundial, provocan o el enfrentamento total coa poderosísima Clearstream, o que lle custou 32 procedimientos xudiciais, unha condena por difamación do tribunal de Burdeos, con pagamento de 12.000 euros, outra do tribunal de Luxemburgo por 100.000 euros, e unha acusación da fiscalía de Paris por suposto abuso de confianza con dolo e roubo de documentos.

Fatigado e desprotexido, salvo de minorías honestas da prensa e a política francesa e en especial de ATTAC, manifestou hai pouco aos seus amigos nun correo electrónico o seu cansancio e disposición a darse por vencido.