Rosa María Calaf
Premiado na edición do ano 2009

A gañadora desta edición foi Rosa María Calaf, a correspondente máis veterana de TVE. Desde o seu ingreso en Radiotelevisión Española en 1970, traballou como xornalista radiofónica e a partir de 1976 colaborou con magazines e programas como 300 millones, lo que lle permitiu viaxar por toda América Latina. En 1983 pasa por Televisió de Catalunya durante a súa etapa fundacional para exercer como directora de programación e de produción. Pero a súa traxectoria está marcada polas correspondencias de TVE.
Rosa María Calaf Solé naceu en Barcelona en 1945. É licenciada en Dereito e Xornalismo. Master en Institucións Europeas (Universidade libre de Bruxelas), Ciencias Políticas (Universidade de California-Os Ánxeles).
O pelo vermello e un guecho prateado son os trazos máis característicos de Rosa María Calaf que se converteu na correspondente máis veterana de TVE con 37 anos ás súas costas. Desde o seu ingreso en Radiotelevisión Española en 1970, traballou como xornalista radiofónica e a partir de 1976 colaborou con magazines e programas como 300 millones, o que lle permitiu viaxar por toda América Latina. En 1983 pasa por Televisió de Catalunya durante a súa etapa fundacional para exercer como directora de programación e de produción. Pero a súa traxectoria está marcada polas correspondencias de TVE:
1983-1987: Correspondente en Nova York para Estados Unidos e Canadá
1987-1989: Abre a correspondencia de Moscova para a Unión Soviética
1989-1993: Reestrutura a correspondencia de Bos Aires para América do Sur
1993-1996: Correspondente en Roma para Italia e o Vaticano
1996: Correspondente en Viena para os países do Leste-Balcáns
1996-1999: Correspondente en Moscova de novo para Rusia
1999-2007: Correspondente en Hong Kong para Asia-Pacífico
2007-2008: Correspondente de Pequín para China e Asia-Pacífico
O 1 de xaneiro de 2009 comezou a súa etapa de prexubilación de RTVE.
Ao longo da súa carreira concedéronselle multitude de premios como:
- Premio á traxectoria profesional Ministerio de Administracións Públicas (1992)
- Lazo de Dama da Orde do Mérito Civil (1993)
- Premio especial de TV 2001 de APEI (Asociación Profesional Española de Informadores)
- Premio Ondas 2001 ao mellor labor profesional
- Micrófono de Prata Especial 2001 da Asociación de Profesionais de Radio e Televisión
- Ábaco de Ouro-Español do Ano pola cobertura informativa do SARS da Cámara de Comercio de España en Hong Kong
- Oficio de Xornalista 2003 do Col.legi de Periodistes de Catalunya
- Premio Protagonistas 2004 TV - Onda Cero
- Premio Ana Titor 2005
- Premio Casa Asia 2005 pola cobertura informativa do tsunami
- Premio Club Internacional de Prensa 2006 ao mellor labor xornalístico no estranxeiro
- Premio Etnosur 2006 (Xaén) polo labor en favor da diversidade
- Premio Club das 25 2007 (Madrid) á traxectoria profesional
- Premio Cidade de Frías 2007 (Burgos) pola reportaxe Encontro en Vanuatu
- Women Together Award 2007 (Nacións Unidas, Nova York) pola traxectoria a favor dos obxectivos do milenio
- XXIII Premio de xornalismo Cirilo Rodríguez 2007 da Asociación da Prensa de Segovia ao mellor traballo de correspondente e enviados especiais no estranxeiro
- Premio da Federación de Mulleres Progresistas 2007 polo seu labor a favor da igualdade
- Premio "Toda unha vida" 2007 outorgado pola Academia da Televisión de España
- Doutora honoris causa pola Universidade Rovira i Virgili proposta pola Unidade de Comunicación o 20 de maio de 2008
Ademais, creouse un premio que leva o seu nome: Premio Rosa Maria Calaf de Investigación Social, que organiza o Concello de Alcalá la Real (Xaén), Alcalá Grupo Editorial, Fundación Cruzcampo e a Universidade de Xaén. Este recoñecemento ten como obxectivo fomentar a investigación sobre os grandes problemas que afronta o mundo do século XXI: medio ambiente, migracións, terrorismo, fame, conflitos armados, violencia, antropoloxía urbana, movementos sociais, solidariedade.