Todas as candidaturas

Xornalistas vascos do edificio da EITB de Bilbao

Candidatura na edición do ano 2009

Ás 11 da mañá do 30 de decembro de 2008, ETA fai estoupar un coche bomba cargado con máis de 100 quilos de explosivo xunto á sede de Bilbao da EITB. A deflagración causou grandes danos materiales, mesmo na sede de EITB como na do xornal Deia, Antena 3, Lagun Aro ou a Facenda Foral, entre outros, mais non houbo ningún ferido de consideración.

Antes da explosión, ás 10:00 horas, un comunicante anónimo que falaba no nome de ETA alertou aos bombeiros de Bilbao de que unha bomba ía facer explosión unha hora despois. Na mesma chamada, o informante anunciaba a presencia dunha persoa maniatada nun monte do barrio bilbaíno de Buia.

Inmediatamente, a Ertzaintza acordonou as rúas adxacentes e desaloxou os traballadores dos medios de comunicación que se encontraban no predio. Neses momentos encontrábanse alí arredor de catrocentos empregados de EITB.

O artefacto estaba nunha furgoneta sita nun aparcamento para persoas con discapacidade física, no lateral do edificio onde ten a súa sede EITB e tamén os diarios El Mundo e Deia, a emisora Onda Cero, a televisión Antena 3, a aseguradora Lagun Aro e a Facenda de Biscaia.

O atentado provocou a condena de numerosos medios e asociacións de xornalistas, entre os que se atopaban o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Sindicato de Xornalistas de Galicia, a Federación de Sindicatos de Xornalistas (FeSP), o Col•legi de Pediodistes de Catalunya, a Asociación de Editores de Diarios Españoles (AEDE), a Federación de Organismos de Radio e Televisión Autonómicos (FORTA) ou a Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE).

Esta candidatura quere sumarse a aquelas condenas e recoñecer conjuntamente aos xornalistas vascos de EITB, Deia, Antena 3, El Mundo, Expansión e Onda Cero, colectivo plural e diverso do mundo da información ubicados no edificio de EITB.