Todas as candidaturas

Daniel Anido e Rodolfo Irago

Premiado na edición do ano 2010

Ambos os dous enfréntanse á unha discutida sentencia do maxistrado-xuíz Ricardo Rodríguez Fernández, titular do xulgado do penal número 16 de Madrid, que os condena a un ano e nove meses de prisión e penas accesorias de inhabilitación especial para a dirección de medios de comunicación e o exercizo da actividade xornalística e a inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante o tempo que dure a pena privativa da liberdade imposta por "revelación de secretos".

Daniel Anido, naceu en Lugo en 1960. Licenciado en Xornalismo pola Universidade do País Vasco. Incorporouse á SER como redactor dos servizos informativos de Radio Bilbao en 1987. Nomeáronno subdirector dos informativos da SER no País Vasco en 1991 e entre os anos 1993 e 1995 foi director dos servizos informativos da SER en Euskadi. En 1995 trasladouse a Madrid e traballou na redacción central da cadea de PRISA. Posteriormente ocupou o cargo de subdirector de informativos. No ano 2001, Daniel Anido volta a Bilbao como director de Radio Bilbao e director rexional da cadea. En xullo do 2002 volta a Madrid e asumiu a dirección dos servizos informativos da SER, substituíndo no cargo a Antonio García Ferreras. Actualmente é o director da cadena SER dende o ano 2004.

Rodolfo Irago naceu en Vigo en 1966. Licenciado en Xornalismo sempre estivo vinculado laboralmente coa cadena SER. Comezou traballando en 1987 nos servizos informativos de Radio Ferrol. En 1994 nomearonno xefe de informativos da cadena SER en Galicia, cargo que ocupou ata setembro do 2.000. Ese ano trasladouse á redacción central da emisora en Madrid e a principios do 2001 asumiu a subdirección de informativos da cadea. Dende o 2004 Irago asume a xefatura de informativos da cadena SER.

O propio auto recoñece que a información publicada pola SER é unha noticia veraz e de interés público, factores clave para o desenvolvemento do xornalismo. O maxistrado-xuíz non entra a valorar a veracidade da información e a investigación da mesma. O auto soamente condea aos xornalistas por un delito de revelación de secretos, sin valorar, voluntaria ou involuntariamente, que os chamados "secretos" son a liña de investigación para chegar a elaborar a noticia.

O magistrado considera que a acción dos acusados constitue un delito de revelación de secretos tipificado no artículo 197 do Código Penal, argumentado o xuíz que "ordenasen os acusados a publicación da mentada lista na páxina web da emisora (cadenaser.com) ou a cedesen para a súa publicación, o certo é que se trata dunha cesión universal por canto ten acceso á citada información todo o que a queira ver". Ademáis a sentencia engade a continuación que "a protección constitucional ao dereito á información refírese aos medios de comunicación social (televisión, radio ou prensa escrita) pero debe matizarse, que Internet, non é un medio de comunicación social en sentido estricto, sino universal".

A condea tamén impón o pago dunha multa diaria de 100 euros durante seis meses e dunha indemnización de 5.000 euros para cada acusado. O xuíz para establecer a multa argumenta que "os importantes cargos directivos que ámbolos dous desempeñan na cadena SER, cargos que se ben descoñecemos cal será a súa retribución, sin lugar a dúbidas será verdadeiramente importante".