Todas as candidaturas

La Reppublica

Candidatura na edición do ano 2011

O xornal La Repubblica, dirixido na actualidade por Ezio Mauro, é un dos máis importantes diarios italianos de información xeral que se imprime e edita en Roma e ademais o único que ten unha ampla difusión en toda Italia.

Foi fundado nesta cidade en 1976 polo Grupo Espresso, liderado por Eugenio Scalfari e Carlo Caracciolo, e o Grupo Mondadori. Dende fai algún tempo mantén unha posición crítica contra o goberno italiano, o que lle está a acarrear diversos problemas.

En 2009 e despois do inicio de accións legais do presidente Berlusconi contra o diario, La Repubblica publicaba que o ataque do que era obxecto "é interpretable só como unha tentativa de reducir ao silencio a liberdade de prensa, de anestesiar á opinión pública, de illar da circulación internacional a información, en definitiva, de facer do noso país unha excepción da democracia".