Todas as candidaturas

Rosa María Molló

Candidatura na edición do ano 2011

Rosa María Molló (Lleida, 1963) foi, desde xaneiro 2009, a correspondente en Asia-Pacífico para TVE con sede en Pequín. Un período que coincidiu con diferentes eventos políticos (50ª Aniversario do Alzamento do Tibet, 20 Aniversario do Masacre de Tiananmen, 60 Aniversario da Fundación da Republica Popular China) e unha etapa interesante polo papel preponderante que o país está a adquirir na esfera internacional.

Rosa Molló tentou reflectir nas súas crónicas e reportaxes ese cambio meteórico que sofre o país no desenvolvemento económico e, á vez, os seus tremendos contrastes no terreo dos dereitos humanos.

Até a súa chegada a China ocupara durante seis anos a corresponsalía de Estados Unidos en Nueva York. Outra oficina todoterreo desde a que informou de todo tipo de acontecementos, dúas campañas electorais e desastres naturais, como o furacán Katrina, cobertura que marcou especialmente a súa carreira persoal e profesionalmente.

Traballa en TVE desde 1989. Empezou no Centro Territorial de Cataluña como reporteira e despois editora, codirectora de programas de actualidade e presentadora de espazos de debate e informativos diarios. En 2001 foi unha das enviadas especiais de TVE á guerra de Afganistán e ao seu regreso entrou a formar parte do equipo de investigación do programa Línea 900.

Ultimamente estivo de enviada especial no Cairo cubrindo as revoltas populares que acabaron co réxime de Mubarak. Durante o desenvolvemento deste traballo foi vítima da onda de agresións á prensa que levaron a cabo os partidarios do ex-presidente. Segundo ela mesma sinalou: "os xornalistas non podemos traballar, estamos secuestrados polos progubernamentais".