Todas as candidaturas

WikiLeaks

Premiado na edición do ano 2011

WikiLeaks é unha organización internacional sen ánimo de lucro que foi creada en 2006 polo australiano Julian Assange, e ten por obxectivo proporcionar aos cidadáns noticias e informacións importantes que consegue grazas a filtracións ás que ofrece total anonimato e que publica a través do seu sitio web.

En outubro de 2010 fai público os Documentos da Guerra de Iraq, pero é en novembro do mesmo ano cando se produce a maior filtración de documentos secretos da historia. Trátase dunha colección de 251.187 cables ou comunicacións entre o Departamento de Estado estadounidense coas súas embaixadas por todo o mundo (United States diplomatic cables leak, Cablegate ou Secret US Embassy Cables) que WikiLeaks proporcionou aos diarios The Guardian, The New York Times, Le Monde, El País e ao semanario Der Spiegel. Dende ese momento producese un bloqueo á web de Assange.

Como resposta a estes ataques e co obxectivo de que a web estivese accesible en todo momento, Wikileaks fixo unha campaña de espellos (mirrors), pedindo a todos os internautas que aloxasen unha copia do seu sitio web. Reporteiros Sen Fronteros foi unha das primeiras organizacións en realizar un, xa que segundo manifestou: "os intentos por pechar WikiLeaks atentan contra o papel de gardián atribuído ao xornalismo pola Convención Europea de Dereitos Humanos".