Todas as candidaturas

Consello de Informativos de TVE

Premiado na edición do ano 2012

O Consello de Informativos de TVE é un órgano de participación destinado a garantir o control interno, a defensa da independencia profesional, a promoción da independencia editorial e o amparo dos profesionais da información da Corporación RTVE. É unha conquista histórica dos profesionais de RTVE, recoñecidos pola Lei 17/2006, que configura o servizo da radio e televisión estatais como un servizo esencial para a vida democrática.

Competencias

  • Median ante a Dirección nos casos de conflitos profesionais.
  • Dan amparo aos profesionais da información audiovisual.
  • Informan o Consello de Administración das posibles manipulacións e malas prácticas informativas.
  • Propoñen melloras da organización do traballo informativo.
  • Han de ser consultados na proposta de Directores de Servizos Informativos e oídos antes dos nomeamentos dos responsables de editoriais.

En setembro do pasado ano o Consejo de Informativos de TVE rexeitou e reprobou a decisión adoptada polo Consello de Administración para que os seus membros teñan acceso directo ao sistema de traballo da redacción de informativos. Ante este pronunzamento, o Consejo de Administración de RTVE revocou a súa decisión.

Fonte: http://www.consejoinformativostve.es