Todas as candidaturas

Jordi Évole

Premiado na edición do ano 2015

Jordi Évole Requena (Cornellá de Llobregat, 1974) é xornalista, presentador, guionista de televisión e tamén escribe artigos de opinión. Estudou Comunicación Audiovisual na Universidade Autónoma de Barcelona e traballou nos Informativos de Telecinco, da Cadena SER e como videoxornalista na televisión local Viladecans Televisió.

No ano 2000 entra na produtora El Terrat como guionista del programa La Cosa Nostra, de Andreu Buenafuente. Logo foi subdirector do programa Buenafuente, en La Sexta, onde destacou interpretando ao seu personaxe máis famoso: El Follonero.

En 2008 estrea Salvados, unha mestura de reporteirismo atrevido que presenta as distintas realidades desde unha perspectiva irónica co obxectivo de divertir e entreter. A partir da terceira tempada, o programa empeza a centrarse na información-denuncia, cada vez máis exenta de humor, na que chega realizar soadas entrevistas a destacados personaxes tales como o ex-presidente balear, Jaume Matas, cuxa entrevista foi incluída polo xuíz entre a documentación da causa do caso Noos, relativo á filla menor e o xenro do Rei emérito.

Fiel a si mesmo no exercicio da profesión, ao longo da súa traxectoria viuse en ocasións ameazado (por exemplo por Falange Española despois do programa emitido con motivo dun 20-N), outras presionado para non emitir reportaxes determinadas (como a máis recente, relativo á Capitá do Exército de Terra, Zaida Canteira, vítima de abusos por parte dos seus superiores). A situación máis comprometida tivo lugar no ano 2012, con motivo da reportaxe Oligopoly: el juego de la energía. A patronal eléctrica, UNESA, fixo chegar o seu malestar a José Manuel Lara, presidente do Grupo Planeta, o que deu lugar a unha gran campaña de apoio na rede a favor de Évole e o seu programa.

O seu estilo particular e o éxito de audiencia fíxoo merecedor de diversos Premios (Ondas, Iris, Antena de Ouro, Premio Internacional de Xornalismo Manuel Vázquez Montalbán, entre outros moitos).