Todas as candidaturas

Anabel Hernández

Candidatura na edición do ano 2016

Anabel Hernández

Anabel Hernández García (México, 1971) é unha xornalista e escritora mexicana. Ameazada de morte polas súas investigacións sobre as conexións entre o narcotráfico e a administración, é unha das moitas mulleres e homres cuxa vida está en perigo por exercer o xornalismo.

Anabel Hernández García foi reporteira fundadora dos xornais Reforma (1993-1996) e Milenio (1999-2002) e traballou no El Universal (2002-2006) e no seu suplemento La Revista

Mentres investigaba o enriquecimento ilícito do expresidente Vicente Fox para o libro La familia presidencial, chegou ao asunto que, logo dun intenso traballo de investigación, lle posibilitaría sacar á luz Los señores del narco, o libro que lle cambiou a vida obrigándoa a compartila permanentemente con gardacostas. Entre a publicación dun e outro libro, pasaron cinco anos nos que Anabel Hernández tamén colaborou co sitio web Reporte Indigo, sempre informando sobre corrupción e as ramificacións do narcotráfico na administración pública. As ameazas eran constantes, pero se intensificaron pouco tiempo despois de que Los señores del narco chegara ás librerías. 

Os feitos foron denunciados a través da prensa e pediuse protección á Comisión Nacional de Dereitos Humanos, que lle ofreceu unicamente dous gardacostas. Pero as ameazas constantes non lle quitan o ánimo a Anabel Hernández. Non o suficiente para que abandone as súas investigacións ou fuxa del país. Tivo a oportunidad de deixar México cando asociacións de xornalistas dos EUA lle ofreceron asilo. Porén, non aceptou. 

Hernández denuncia que as relacións entre o narcotráfico e o Estado mexicano teñen raíces nos años 70. Daquela, o Goberno tiña acordos cos capos da droga. A grande diferencia coa actualidade é que antes existía total control das institucións estatais sobre os cárteles: “O Goberno era unha autoridade sobre os traficantes e dicíalles o que podían e non podían facer. O Estado tiña forza para impór as regras”, explica.

“Que unha xornalista teña que andar con escoltas é unha vergoña para calquera nación. Temo constantemente pola miña integridade física e a da miña familia, pero o temor só me impulsa e faime entender que estou na liña correcta”, afirma Hernández.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.