Wael Al-Dahdouh, Pablo González, Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi e Fran Sevilla, candidaturas do XX Premio Couso
O Premio José Couso posto en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, fai vinte anos este 2024. Nesta nova edición, catro candidaturas optan ao galardón da liberdade de prensa: o xefe da oficina de Al-Jazeera en Gaza Wael Al-Dahdouh; o comunicador vasco encarcerado en Polonia Pablo González; Nilufar Hamedi e Elahe Mohammadi, as xornalistas iranianas que revelaron o caso de Mahsa Amini; e Fran Sevilla, veterano periodista radiofónico madrileño especializado na cobertura de conflitos.