
Mònica Bernabé, Marcos Méndez e Reporteiros Sen Fronteiras, candidaturas ao XIX Premio Couso
Tres candidaturas concorren ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, na súa décimo novena edición: Mònica Bernabé, xornalista destacada polo seu traballo en Afganistán; Marcos Méndez, freelance nado en Lugo que cubre a guerra de Ucraína en galego; e Reporteiros Sen Fronteiras, a ONG internacional de orixe francesa que defende a liberdade de prensa.