Touriño entregará o Premio José Couso a Jon Lee Anderson en Ferrol
O próximo mércores 2 de maio Ferrol será a capital mundial do xornalismo. O teatro Jofre servirá como escenario da entrega da terceira edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O presidente da Xunta de Galicia presidirá o acto acompañado da conselleira de cultura Ánxela Bugallo, o alcalde de Ferrol Juan Juncal, membros da Corporación Municipal e de Caixanova.