Jon Lee Anderson gaña o premio José Couso á Liberdade de Prensa
O xornalista norteamericano Jon Lee Anderson , cronista do diario The New Yorker, foi galardoado na III edición do Premio José Couso á Liberdade de Prensa que se fallou hoxe en Ferrol, cidade natal do cámara de televisión morto por militares norteamericanos en Iraq en abril do 2004.