O Colexio de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol convocan a XIV Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol convocan unha nova edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa. O prazo para presentar candidaturas estará aberto ata as 19:00 horas do martes 13 de marzo.