Julia Otero obtén o XIV Premio José Couso de Liberdade de Prensa
A xornalista monfortina Julia Otero é a gañadora da XIV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. O fallo deuse a coñecer este mediodía na Sala de Comisións do Concello de Ferrol.