Miguel Ángel Aguilar é o gañador da XII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O veterano xornalista Miguel Ángel Aguilar foi proclamado gañador da XII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa que, un ano máis, organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. O fallo deuse a coñecer esta mañá na sede de la Caixa na Coruña, nun acto que contou coa intervención telefónica do premiado.