Yolanda Álvarez, Jesús Blasco de Avellaneda, Charlie Hebdo, Jordi Évole e a PDLI, candidatos ao XI Premio Couso
Cinco candidaturas concorren este ano ao Premio José Couso de Liberdade de Prensa, iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. As propostas desta XI Edición son Yolanda Álvarez, Jesús Blasco de Avellaneda, Charlie Hebdo, Jordi Évole e a Plataforma na Defensa da Liberdade de Información (PDLI).