Ábrese o prazo para presentar as candidaturas ao IX Premio José Couso de Liberdade de Prensa
A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu esta mañá a presentación da IX edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol coa colaboración da Obra Social ‘la Caixa’.