Todas as novas

A viúva de Couso pide a prisión para tres militares de EEUU

O avogado Leopoldo Torres solicitoulle á Audiencia Nacional que ordene a detención internacional e a prisión incomunicada e sen fianza dos tres militares estadounidenses que deron a orde ou dispararon o tanque que causou a morte do cámara de Telecinco José Couso en Bagdade. Torres, que presentou o escrito en nome da viúva de Couso, María Dolores Jiménez, e dos seus fillos, explicou onte que lle dirixiu esta solicitude ó xuíz da Audiencia Nacional, Santiago Pedraz, quen en outubro de 2005 ordenou a busca e captura dos tres militares: o sarxento Thomas Gibson, o capitán Philip Wolford e o tenente coronel Philip de Camp. Non obstante, en marzo de 2006, a Audiencia Nacional declarou a falta de xurisdición para xulgar os delitos imputados ós tres militares e arquivou as dilixencias abertas, ó considerar que a morte de Couso foi un "acto de guerra contra inimigo erroneamente identificado", unha decisión que foi anulada en nadal polo Supremo.

Couso morreu o 8 de abril de 2003 no Hotel Palestina de Bagdade xunto co reporteiro da axencia Reuters Taras Protsyuk por disparos dun tanque.

Le a nova en GALICIA HOXE.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
GALICIA HOXE / E. S.