Todas as novas

Este mércores ás 12:30 preséntase a XII edición do Premio José Couso

Este mércores, 24 de febreiro de 2016, ás 12:30 horas, vai ter lugar na Galería Sargadelos de Ferrol a presentación da XII edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social “la Caixa”.

A presentación vai contar coa presenza de Siro López, presidente do Club de Prensa de Ferrol, María Jesús González, directora de Área de Negocio de CaixaBank en Ferrol e Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas.

CPXG