Todas as novas

Le Monde Diplomatique gaña o II Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O diario francés Le Monde Diplomatique resultou gañador da edición deste ano do II Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. O fallo deuse a coñecer en Ferrol coincidindo coa data na que se conmemora o Día Mundial da Liberdade de Prensa.