Todas as novas

Le Monde Diplomatique gaña o II Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O xornal Le Monde Diplomatique foi proclamado hoxe como gañador do II Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. A organización, que presentou esta mañá en rolda de prensa o nome do gañador, púxose en contacto co xornal, que amosou a súa satisfacción por recibir o premio, que lle será entregado nunha cea a finais do mes de maio.