Todas as novas

Marcos Méndez recibe este sábado en Ferrol o XIX Premio José Couso 

Este sábado 6 de maio entrégase en Ferrol o XIX Premio Couso de Liberdade de Prensa a Marcos Méndez Moreira. O premio está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Concello de Ferrol, e os actos poderán seguirse tamén por streaming

Os actos de celebración serán os seguintes:

11:30 horas. Ofrenda na estatua 'Ás Ceibes', do escultor Manuel Patinha, no Cantón de Molíns. Lectura do manifiesto elaborado pola xornalista Verónica Vázquez, a cargo da autora.

12.00 horas. Recepción por parte do alcalde e corporación municipal e sinatura no libro de honra da cidade, no Teatro Jofre (Praza de Galicia, s/n). (SÓ MEDIOS GRÁFICOS)

12.30 horas. Entrevista de Rebeca Collado a Marcos Méndez e entrega do premio, presentada por Marta Corral, no Teatro Jofre. Pechará o acto a actuación musical de Abril Fado Atlántico.

A entrada aos actos é gratis até completar o aforo. Para todas aquelas persoas interesadas que non poidan desprazarse até Ferrol, os actos realizados a partir das 12:30 serán retransmitidos en streaming a través desta ligazón.

CPXG