Todas as novas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol convocan o III Premio José Couso de Liberdade de Prensa

Nas últimas ocasións premiouse ó xornalista Alí Lamrabet e á publicación ‘Le Monde Diplomatique’ O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol, co patrocinio de Caixanova, convocaron o III Premio José Couso de Liberdade de Prensa, un galardón co obxecto de recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou organización destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha importante traxectoria profesional "libre e independente".

As candidaturas deberán estar compostas dunha memoria do aspirante e o seu curriculum vitae, entre as que un xurado formado polos colexiados de ámbolos dous colectivos escollerá ó gañador.

Nas últimas ocasións premiouse ó xornalista Alí Lamrabet e á publicación 'Le Monde Diplomatique'. As candidaturas deberán presentarse antes do 12 de febreiro e o fallo darase a coñecer o próximo 10 de abril.

ESTRELLA DIGITAL / EP
SANTIAGO DE COMPOSTELA