Todas as novas

O Martes 26 dáse a coñecer na Coruña o fallo da XII edición do Premio José Couso

O anuncio do fallo da XII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio de Xornalistas de Galicia, o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social 'la Caixa', coñecerase o 26 de abril, na Sede de ‘la Caixa’ na Coruña (Sánchez Bregua, 5, 2º Andar) ás 12.00 horas.

Na rolda de prensa farase pública a identidade de quen gañou e poderáse manter a continuación unha conexión telefónica. Intervirán na rolda:

  • Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalistas
  • Siro López, presidente do Club de Prensa de Ferrol
  • Anxo Pérez Romariz, responsable de comunicación - Dirección Territorial de Galicia de CaixaBank
  • Darío Janeiro, secretario do Premio José Couso

As sete candidaturas presentadas este ano foron Miguel Ángel Aguilar, Anas Aremeyow Anas, Jesús Blasco de Avellaneda, Anabel Hernández, Reporteiros Sen Fronteiras, Olga Rodríguez e Alberto Sicilia.

Os actos de entrega celebraranse o próximo 3 de maio en Ferrol.

CPXG