Todas as novas

O premio José Couso nace con vocación internacional

Galego, polaco, norteamericano, marroquí ou neozelandés. O primeiro premio José Couso de Liberdade de prensa poderase outorgar a calquera persoa ou entidade que se distinguira pola independencia na súa traxectoria profesional ou pola súa defensa do dereito á información, sen ter en conta a súa procedencia. Ademais, non fai falla que sexan os interesados quen se presenten, serán os xornalistas os que acheguen as súas propostas e os que as voten.