Todas as novas

O xornalista Alí Lmrabet recibiu en Ferrol o I Premio José Couso

O xornalista marroquí Ali Lmrabet recibiu o pasado venres en Ferrol o I Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), en colaboración co Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. A xornada, inzada de actos conmemorativos, comezou cunha recepción na Casa do Concello onde Ali Lmrabet asinou no libro de honra da cidade e mantivo unha conversa durante uns minutos co alcalde, Juan Juncal, e co resto de voceiros e concelleiros do Municipio.