Todas as novas

Rosa María Calaf: ' Prescindir dos profesionais con experiencia, será nefasto para a calidade do producto'

Rosa María Calaf destila "reporterismo" por tódolos seus poros. Non importa que o pasado 31 de decembro se despedise dos seus case 40 anos como corresponsal de Televisión Española. Mantén o espírito inquedo, a necesidade de viaxar e de informar, intactas. A xornalista catalá recibiu onte en Ferrol o V Premio José Couso á Liberdade de Prensa, que outorga o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol.