Todas as novas

A familia Couso reúnese co ministro de Xustiza, López Aguilar

A familia de José Couso, o cámara de Telecinco asasinado en Bagdade en abril de 2003, reúnese este luns co ministro de Xustiza, Juan Fernando López Aguilar, para lle reclamar o "firme cumprimento" dos convenios bilaterais de cooperación xudicial vixentes entre España e Estados Unidos. Neste encontro, a familia Couso vai formular ó ministro a posibilidade de que se denuncien estes convenios se a Administración de Xustiza española non cumpre cos requirimentos que están a efectuar os tribunais na instrución do caso e se segue "ignorando" as súas resolucións.

A familia Couso tamén vai preguntar a López Aguilar sobre a actitude que vai manter o Goberno no caso de que algún dos militares estadounidenses implicados no asasinato do cámara de televisión sexa detido e se pedirá a súa extradición para que poida ser xulgado en España.

Esta reunión prodúcese despois de que irmáns, amigos e compañeiros do cámara de televisión falecido en Bagdade enviasen unha carta ó titular de Xustiza lembrándolle a sentenza ditada polo Tribunal Supremo, sentenza na que se obriga á Audiencia Nacional a seguir investigando o asasinato de Couso.

MADRID
EL MUNDO / EUROPA PRESS