Todas as novas

Conclúe o prazo para a presentación de candidatos ó IV Premio José Couso Liberdade de Prensa

Esta noite conclúe o prazo de presentación de candidaturas para a cuarta edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol en colaboración con Caixanova. Así, ata as 24 horas de hoxe, calquera persoa ou organización vinculada con esta actividade profesional poderá presentar as súas propias candidaturas de xornalistas, sen importar o lugar de orixe destes.

As propostas deberán ser enviadas á dirección postal do Colexio de Xornalistas, na rúa compostelá de San Pedro de Mezonzo, ou ben á páxina web premiocouso@xornalistas.com.

Unha vez que se acabe a recollida das propostas enviadas, a comisión do galardón dará a coñecer ós candidatos antes do día 25 de febreiro, e o fallo do xurado farase público o 3 de marzo, día Mundial da Liberdade de Prensa.

O xurado estará composto polos propios colexiados e por socios do Club de Prensa ferrolán.

EFE / AOL NOTICIAS
SANTIAGO DE COMPOSTELA