Todas as novas

IV Premio José Couso de Liberdade de Prensa

O galardón, que o ano pasado recibiu o xornalista marroquí Jon Lee Anderson, ten como obxectivos recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou institución destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente; e homenaxear a José Couso xunto con todos aqueles que defenden a liberdade de prensa. O Premio José Couso de Liberdade de Prensa está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. Calquera persoa que sexa membro destas institucións, así como calquera persoa ou organización vinculada ao xornalismo poderá facer chegar a súa candidatura ou candidaturas. Nelas poderán propoñer ao xornalistas ou xornalistas que consideren, sen distinción do seu lugar de orixe.

O Premio José Couso é un recoñecemento da profesión xornalística galega que non implica ningunha contía económica. O gañador recibirá un diploma acreditativo e o símbolo distintivo que representa o Premio, consistente nunha escultura de Manuel Patinha, que leva o nome de "Ás ceibes".

Máis información en: www.xornalistas.com/couso