Todas as candidaturas

José Vidal-Beneyto

Premiado na edición do ano 2008

José Vidal-Beneyto naceu en Carcaixent (Valencia) en 1929. É Catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid, Director do Colexio de Altos Estudos Europeos Miguel Servet de París, Secretario xeral da Axencia Europea para a Cultura da UNESCO, Membro da Academia Europea das Artes, as Ciencias e as Letras, Vicepresidente do Consello Federal do Movemento Europeo, Presidente da Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC) de España e Presidente da Fondation Internationale Amela.

Estudou filosofía, socioloxía e dereito nas universidades de Valencia e Complutense de Madrid e doutorouse na de Málaga. Ampliou estudos nas universidades da Sorbona de París e Heidelberg.

En 2006, foi nomeado doutor 'honoris causa' pola Universidade de Valencia (España), como recoñecemento ao seu labor en pro da socioloxía do coñecemento e da cultura e, en xeral, da socioloxía moderna en España, así como o continuado impulso da "cultura da paz, a promoción cultural e os valores da democracia e a comunicación intercultural".

O seu traballo académico e intelectual xira en torno á comunicación, a cultura, a globalización e o desenvolvemento comunitario europeo e é colaborador habitual de "El País", "Europa Zeitung" e "Le Monde-Diplomatique".

Ademais é autor de, entre otros, "Las Ciencias de la Comunicación en las universidades españolas", Zero, Madrid, 1973; "Alternativas populares a la comunicación de masas", CIS, Madrid, 1981; "El País o la referencia dominante" (con G. Imbert), Mitre, Barcelona, 1986; "Las Industrias de la Lengua", Fundación Germán Sánchez Ruipérez, Madrid, 1991; "Diario de una ocasión perdida", Kairós, Barcelona, 1991; "La Méditerranée: modernité plurielle", Publisud, París, 2000; "Ventana global: ciberespacio, esfera pública mundial y universo mediático", Santillana, Madrid, 2002; "Para una sociedad civil global", Santillana, Madrid, 2003; "Poder global y ciudadanía mundial", Taurus, Madrid, 2004; "Derechos humanos y diversidad cultural", Icaria, Madrid, 2006.