Fran Sevilla, Soledad Gallego-Díaz, José Vidal Beneyto e Gervasio Sánchez optan ao IV Premio José Couso
Catro candidaturas optan á IV Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. Os finalistas son Fran Sevilla, Soledad Gallego-Díaz, José Vidal Beneyto e Gervasio Sánchez, que optou ao premio tamén na edición pasada. Ademais, desde hoxe ábrese o prazo de votacións para elixir ao gañador, que se dará a coñecer o 3 de maio.