Manifesto do CPXG con motivo do Día Internacional da Liberdade de Prensa
Escribo estas letras nun bus preto da fronteira polaca, aínda na beira ucraína, e non podo deixar de pensar en Bogdan Bitik, o último de nós que caeu morto neste país por facer o seu traballo. Foi hai uns días, nun lugar no que eu mesmo estivera unhas semanas atrás. E foi un disparo dun francotirador ruso o que o calou para sempre.