Convocado o 'IV Premio José Couso de Liberdade de Prensa'
A IV edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa foi presentada hoxe en Ferrol, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa en Ferrol, en colaboración con Caixanova, co obxectivo de "recoñecer e difundir o traballo" o traballo dunha persoa ou organización "destacada na defensa da liberdade de prensa".