Todas as novas

Familiares e amigos de Couso esixen xustiza 4 anos e medio despois da súa morte

Amigos e familiares de José Couso concentráronse onte fronte á Embaixada de Estados Unidos, como todos os oito de cada mes, para esixir xustiza, catro anos e medio despois da morte do cámara de televisión no hotel Palestina de Bagdad, no 2003. Ao redor dunha vintena de persoas acudiron á concentración, á que asistiu o tío de Couso, Manuel Montero, que dixo que co falecemento do seu sobriño, "arrincaron un anaco a todos os españois".

"O de Jose foi un crime, un asasinato premeditado", afirmou a Efe Montero sobre Couso, quen morreu en Bagdad en abril de 2003, cando un tanque estadounidense disparou contra o Hotel Palestina, acción na que participaron un sarxento, unha capitán e un tenente coronel do Exército norteamericano.

O tío do falecido asegurou manter a esperanza de que os tres soldados estadounidenses sexan xulgados pola morte de Couso e aseverou que se o morto "fora un súbdito norteamericano non ocorrería o mesmo".

Pola súa banda, a membro do colectivo 'Irmáns, Amigos e compañeiros de José Couso', Altea Alcalá, sinalou a Efe que teñen o exemplo de "As nais de Praza de Maio" que "a veces son dúas e outras son vinte pero sempre hai alguén" que reivindica Xustiza polo cámara de televisión.

Indicou que para o quinto aniversario da morte de Couso, o próximo 8 de abril, é probable que un membro da familia viaxe a Bagdad para "non esquecer o que ocorreu alí".

"Se conseguimos que os tres militares estadounidenses non saian do seu país polo medo a ser detidos pola morte de Couso quen nos di que non poidamos chegar ata o final?", se pregunto Alcalá.

METRO/EFE
MADRID