Todas as novas

Galicia celebra o día Mundial da Liberdade de Prensa en Ferrol

Os actos de conmemoración do Premio José Couso, e máis a entrega do galardón 'Ás Ceibes' ó gañador desta terceira edición, Jon Lee Anderson, terán lugar o vindeiro mércores en Ferrol. Este ano quíxose facer unha pequena homenaxe ós máis de sesenta xornalistas mortos e desaparecidos durante a dictadura de Pinochet.

A entrega do III Premio José Couso de Liberdade de Prensa celebrarase pola tarde, no Teatro Jofre, tras a Ofrenda Floral e mais a lectura do manifesto, a cargo da xornalista Eva Veiga, no Cantón de Molíns.

A xornada de conmemoración rematará cun concerto da Real Filarmonía de Galicia pola liberdade de prensa, con pezas de Andrés Gaos e Beethoven.

O director galego Maximino Zumalave dirixirá a Filarmonía de Galicia no "concerto da liberdade de prensa". Os actos comezarán ás sete da tarde na estatua "As ceibes" do escultor Manuel Patinha que se atopa no Cantón de Molins.

Os xornalistas representados no CPXG e no Club de Prensa de Ferrol farán unha ofrenda floral e leérase un manifesto elaborado pola xornalista e poeta de Ferrolterra Eva Veiga.

Os actos no teatro Jofre comezará ás sete e media da tarde. Inservirán as autoridades, o premiado e os organizadores e entregárase ó premiado unha escultura "Ás ceibes" e un diploma acreditativo.

Posteriormente actuará a Real Filarmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave e con Javier Otero ó piano. Interpretarán obras de Andrés Gaos e de Beethoven.

XORNAL
FERROL