Todas as candidaturas

Érika Reija

O período de votación desta edición xa rematou

Foto: Iván Makarov

Érika Reija, xornalista luguesa experta no mundo árabe, traballa na sección internacional dos servizos informativos de TVE desde o ano 2004. O pasado 5 de marzo, abandonaba a correspondencia de Moscova, que ocupaba desde o 2017, logo de que Rusia aprobara unha lei que sanciona con até 15 anos de cadea a publicación de informacións que o goberno considere como falsas.

Érika Reija López, nada en Lugo, é licenciada en Xornalismo por la Universidad Complutense de Madrid e en Ciencias Políticas por la Universidade Nacional de Educación a Distancia. Especializada no mundo árabe, en 2004 entra a traballar en Televisión Española, como xornalista do equipo da Sección Internacional dos Telediarios. Foi enviada especial a diversos destinos, desde onde informó sobre a revolución da praza Tahrir en 2011 en Exipto, a caída de Gadafi en Libia ou o conflito entre Israel e Palestina pola Faixa de Gaza.​ Cubriu tamén o rescate dos mineiros chilenos de 2010 na mina San José.​

No ano 2015 é nomeada correspondente de Televisión Española en Rabat e durante dous años cubre a información de Marrocos para a canle pública. En 2017 é enviada a Moscova para ocupar a correspondencia da capital rusa, desde onde se cubre para a televisión pública a información sobre Europa Oriental. A zona non era descoñecida para ella, que xa en 2014 fora enviada especial durante a anexión rusa de Crimea. Desde Moscova cubriu acontecimentos como a pandemia da covid-19, os recortes de liberdades, o efecto do cambio climático no permafrost siberiano ou a invasión de Ucraína.

O 5 de marzo deste año, abandonaba Rusia tras a aprobación dunha nova lei que prevé sancións de até 15 años de cadea pola difusión de noticias que o goberno ruso considere como falsas. Radiotelevisión Española sumábase así a numerosos medios internacionais que decidiran saír del país como medida de protección para os seus xornalistas ante a posíbel criminalización do seu traballo. 

Reija foi galardoada co premio Entre Mulleres, outorgado polo Concello de Lugo, e co​ Premio Internacional de Xornalsmo á Mellor correspondende española 2018, polo Club Internacional de Prensa e a Asociación de Corresponsales de Prensa Extranjera.

Os textos aquí recollidos pertencen ás candidaturas presentadas ao Premio. Os organizadores non comparten, necesariamente, o seu contido.