
Xosé Hermida: "Non é mellor un xornalista que cobre a Trump que un que cobre información local, todo o xornalismo é importante"
O xornalista Xosé Hermida recolle hoxe en Ferrol o XIII Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol. Hermida reivindicou a comunicación de proximidade lembrando que "todo o xornalismo é importante".