Ábrese ata o 30 de marzo o prazo para presentar as candidaturas ao XI Premio José Couso de Liberdade de Prensa
A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu esta mañá a presentación da XI edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e a Obra Social ‘la Caixa’. Ata o día 30 de marzo pódense presentar candidaturas.